Dispoñer dun bo programa de xestión no teu propio idioma é importante. Á hora de comunicarche coas familias, cos teus alumnos ou cos teus clientes, necesitas poder chegar a eles dunha maneira próxima.
Apostar por un programa no teu propio idioma, e sobre todo, no idioma dos teus clientes, sempre é un plus.
Por iso EasyManager, o programa de xestión de actividades extraescolares máis completo e adaptado do mercado, está dispoñible en moitos idiomas.
Traballamos para que poidas dispoñer del en galego tamén.
Que funcionalidades vas atopar no noso programa?
1. Base de datos propia
Dispoñerás dunha base de datos propia onde poder axuntar todos os datos dos teus clientes, empregados e provedores de maneira segura, facilitando o traballo colaborativo e a análise da información. Ademais poderás exportar toda esta información facilmente a un documentos Excel cun só clic.
2. Xestión de reservas
Crea formularios de reserva personalizados e recibe reservas en liña de maneira sinxela. Co noso programa poderás xerar ligazóns de reserva e integralos na túa Web en só un minuto. Podes tamén elixir compartir a ligazón cos teus clientes por e-mail ou SMS. Poderás controlar as prazas dispoñibles e xestionar as listas de espera.
3. Tenda en liña
Se tes unha tenda en liña, poderás creala na túa Web sen necesidade de ningunha outra ferramenta ou aplicación. Desta maneira, os teus clientes poderán reservar as túas actividades desde a túa tenda en liña ou picando nas ligazóns de reserva directos das túas actividades.
4. Cobranzas e pagos
Automatiza a xestión de cobranzas e pagos. Recibe pagos en liña, xera remesas bancarias e por suposto tamén poderás engadir pagos de forma manual.
Poderás recibir pagos en liña desde hoxe mesmo. Estamos preparados para a maioría de bancos españois e Stripe.
Poderás xerar remesas de recibos bancarios nun só clic. Revisalos nun documento Excel se o desexas e enviar a remesa ao teu banco. Os pagos cargaranse automaticamente en cada reserva.
5. Control de gastos
Con EasyManager podes xestionar toda a túa empresa e coñecer os teus datos a tempo real. Podes almacenar as facturas de gastos das túas actividades e enviar ao teu contable as túas facturas nun clic. Podes tamén asignar un orzamento a unha actividade e establecer quen pode aprobar gastos e a partir de que cantidade.
6. Facturación
Acaba coa tediosa facturación en papel e envía aos teus clientes as súas facturas en PDF automaticamente. Crea as facturas en segundos desde unha reserva ou desde cero.
E se tes varias empresas poderás emitir facturas para cada unha delas cun único programa, personalizalas e crear liñas de facturación.
7. Comunicación
Co noso módulo de comunicación, poderás enviar mensaxes aos teus clientes por email e SMS desde o noso programa. Poderás enviar emails e SMS a un cliente en concreto ou a un grupo de clientes que elixas (e moi pronto poderás enviar tamén mensaxes por Whatsapp).
Ademais, poderás personalizar o deseño e a firma das túas envios. Usa calquera programa de xeración de firma en liña, pega o código HTML que che proporcionan e listo.
8. Portal do empregado
Desde 2019 é obrigatorio que os empregados rexistren a súa xornada laboral, e co noso programa os teus empregados poderán fichar a súa entrada e saída ao seu posto de traballo e ti poderás descargar o rexistro de xornada en PDF.
Ademais, os teus empregados poderán asinar as súas nóminas e contratos téndoos sempre dispoñibles para a súa descarga.
9. Xestión de documentos
Con EasyManager podes enviar documentos aos teus clientes, empregados ou provedores. Poderás subir documentos a un cliente en concreto, a todas as reservas dunha actividade ou a un conxunto de clientes. Pódeslles notificar o envío do documento de forma automática, e se o desexas, podes solicitar que o firme dixitalmente.
10. Listaxe de participantes e pasar lista en liña
Poderás tamén autorizar aos teus monitores para poder ver as listaxes de participantes cos datos que ti queiras que poidan ver. Poderán pasar lista en liña desde o seu móbil moi fácilemente, sen necesidade de instalar ningunha aplicación.
Tamén, os pais, desde a súa conta, poderán descargar os rexistros de asistencia en formato PDF.
11. Recollida de participantes
Os pais poderán autorizar ás persoas que desexen para a recollida dos seus fillos. Os teus monitores poderán ver os datos da persoa autorizada co seu nome, DNI e fotografía, deixando rexistrada a persoa que recolleu ao participante cada día.
Igualmente, os pais, desde a súa conta, poderán descargar os rexistros de recollida en formato PDF.
12. Informes e estatísticas
Co noso módulo de estatísticas poderás visualizar en pantalla o resultado dunha actividade automaticamente: reservas, importe cobrado, importe gastado e resultado. Descarga se o desexas nun documento Excel todos os datos da túa empresa para facer os teus propios informes: bases de datos de clientes, ingresos, gastos, reservas etc.
Ademais, este módulo permíteche tamén analizar todos os datos da túa empresa e realizar comparacións entre anos, actividades etc. Súper útil para ter todo baixo control nun golpe de vista.
13. Soporte, tanto para ti, como por chat para os teus clientes
Temos un equipo de desarrolladores que se encarga do soporte dos nosos clientes, polo que nos terás as 24 horas do día dispoñibles para que nos consultes o que necesites. Axudámosche con toda a importación de datos desde que empezos a traballar connosco e estaremos ao teu lado para calquera cousa que necesites. Trátase dunha atención verdadeiramente personalizada, tanto por teléfono, e-mail, como whatsapp.
Pero é que ademais, se o desexas, os teus clientes poderán ter un chat de soporte dentro de EasyManager co que comunicarse co teu equipo. Este servizo está incluído na túa licenza de EasyManager sen ningún custo adicional e vaiche a ser moi útil para axudar aos teus clientes coas súas dúbidas e ademais afianzar a vosa relación e incrementar o compromiso con eles.
EasyManager pode ofrecerche todas estas funcionalidades, ademais dun trato totalmente personalizado, cos nosos desarrolladores, que coñecerán a túa empresa perfectamente, e que coñecen tamén as túas necesidades, polo que sempre estarán dispoñibles para ti, para aconsellarche o mellor posible e axudarche en todo o que necesites.
O noso programa é o máis completo do mercado, e sobre todo, o único que foi desenvolvido 100% para o sector extraescolar. Totalmente a medida e pensando en todas e cada unha das situacións e necesidades das empresas deste sector.
Podes comezar a traballar con EasyManager en menos de 24 horas e por tan só 49 euros ao mes.
Por último, se queres probar o noso programa e convencerche de todo o que pode facer pola túa empresa, pide unha demo, gratuíta e sen compromiso algún, onde podamos mostrartelo por dentro, aplicado ao teu caso concreto, a través da seguinte ligazón:
www.easymanager.app/agendar-una-demo
Volver a las noticias